30 dic 2012

O Nadal na Escola

Este ano realizamo moitas actividades polo Nadal, primeiro, os de quinto invitáronnos a unha obriña de monocreques elaborados por eles "Xoan o Sucio". Logo montamos unha árbore con botellas de plástico, tamén pintamos as tarxetas de Nadal e o mural de Boas Festas. Por último, no festival, cantamos "Tan Tan" e na representación de "Na Casa da Miña Avoa" nós fixemos de canciños.

19 nov 2012

Teatro: Grillos y Luciérnagas

Hoxe fumos ao teatro en Narón, a obra gustounos moito, se queredes ver parte dela mirade un pouco máis embaixo.

14 nov 2012

Celebramos o Samaín e o Magosto

Este ano fixemos unha árbore cos animaliños do outono. Tamén montamos unha exposción con bruxas, mouchos e cabazas, logo asamos castañas e comémolas sentados ao sol.

30 oct 2012

Biblioteca e Plan Leitor

Todas as semanas imos á biblioteca, gústanos moito ler. Un día viñeron os compañeiros de quinto para nos ler un libro. como o tempo estaba bo saímos ao patio e alí estivemos todos entretidos coa leitura.

O Circo

Este ano o circo veu a Cabanas, gustounos tanto que na nosa aula quixemos montar un. Trouxemos libros sobre o circo, puxemos maos á obra e: ale hop! fixemos un circo con presentador, mago, equilibristas e até feras.


1 oct 2012

UN NOVO CURSO

Olá, aquí estamos outra vez. Comeza un novo curso e temos moitas ganas de estar cos nosos amigos e compañeiros da escola. O primeiro día de clase xuntámonos e pasámolo moi ben. Fixemos algunhas fotos, medramos moito, non si?.













31 may 2012

Plantamos un xardín

Para alegrar un pouco o colexio collimos unhas plantas de flores e as plantamos no patio ao lado do pavillon. Agora temos que agardar a que boten flores e xa está.


A Pesca

Aquí estamos todos enredados coa pesca. Levaron unhas redes de pesca ao colexio e xogamos con elas. Pareciamos peixes! Despois fixemos un libro e un mural, aquí tedes o resultado:


Teares

O outro día viñeron unhas fiandeiras e nos amosaron como facían os fíos de lá a partires da lá das ovellas. Logo nós tecimos unhas teas con teares feitos na clase e quedou moi chulo.

21 may 2012

APADRIÑAMENTO LEITOR

Os nenos de Quinto viñeron un día e nos contaron contos. Gustáronnos moito.

12 mar 2012

Día Internacional da Muller

O pasado día 8 de Marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Viñéronnos contar un conto e realizamos uns talleres sobre a igualdade.

17 feb 2012

CELEBRAMOS O ANTROIDO

Este ano dedicamos o antroido a África. Para preparar os disfraces fixemos os colares todo de material reciclado. Disfrazámonos de africanos. Antes da celebración recibimos os diplomas por participarmos no concurso de confección de árbores recicladas. Logo cantamos unha canción e despois comemos cousas do Antroido.



9 feb 2012

Día da Paz

Neste Día da Paz fixémoslle unha homenaxe a Wangari Maathai, coñecida como "A Muller Árbore", por encabezar unha iniciativa para repoboar con árbores unha franxa desertizada de África logrando plantar millóns delas. Para conmemoralo elaboramos árbores a partires de materiais de reciclaxe coa axuda dos pais. Tamén nos contaron a súa historia. As nosas son as que podedes ver a continuación.







9 ene 2012

NADAL RECICLADO

Este Nadal apuntámonos á reciclaxe. Fixemos os Reis, a árbore e o Belén con xornais, botellas... e a cousa quedou moi bonita. Tamén tivemos un fetival de Nadal coa actuación dun mago, logo cantamos unha panxoliña e rematamos comendo.