17 feb 2012
CELEBRAMOS O ANTROIDO
Este ano dedicamos o antroido a África. Para preparar os disfraces fixemos os colares todo de material reciclado. Disfrazámonos de africanos. Antes da celebración recibimos os diplomas por participarmos no concurso de confección de árbores recicladas. Logo cantamos unha canción e despois comemos cousas do Antroido.
9 feb 2012
Día da Paz
Neste Día da Paz fixémoslle unha homenaxe a Wangari Maathai, coñecida como "A Muller Árbore", por encabezar unha iniciativa para repoboar con árbores unha franxa desertizada de África logrando plantar millóns delas. Para conmemoralo elaboramos árbores a partires de materiais de reciclaxe coa axuda dos pais. Tamén nos contaron a súa historia. As nosas son as que podedes ver a continuación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)