30 oct 2012

Biblioteca e Plan Leitor

Todas as semanas imos á biblioteca, gústanos moito ler. Un día viñeron os compañeiros de quinto para nos ler un libro. como o tempo estaba bo saímos ao patio e alí estivemos todos entretidos coa leitura.

O Circo

Este ano o circo veu a Cabanas, gustounos tanto que na nosa aula quixemos montar un. Trouxemos libros sobre o circo, puxemos maos á obra e: ale hop! fixemos un circo con presentador, mago, equilibristas e até feras.


1 oct 2012

UN NOVO CURSO

Olá, aquí estamos outra vez. Comeza un novo curso e temos moitas ganas de estar cos nosos amigos e compañeiros da escola. O primeiro día de clase xuntámonos e pasámolo moi ben. Fixemos algunhas fotos, medramos moito, non si?.