16 dic 2013
3 dic 2013
24 oct 2013
OUTONO
Este ano polo outono trouxemos follas de deferentes árbores. Traballamos con elas clasificándoas por formas e tamaños, vimos os diversos froitos do outono e para rematar fixemos sidra (sen álcool, por suposto)
12 oct 2013
Estes somos nós
Como vedes xa medramos desde que iniciamos este blogue, agora somos os maiores (de infantil, claro)
4 jun 2013
Celebramos o Día das Letras
Ete ano para celebrar o Día das Letras os compañeiros de quinto representaron a obra "O Monstro do Río Castro". Tamén fixemos debuxos baseados na obra do homenaxeado -Roberto Vidal Bolaño-, participamos na revista do colexio e, entre todos, confeizoamos unha bonita árbore da Primavera.
24 abr 2013
Día do Libro 2013
Este 23 de Abril celebramos o Día do Libro, os compañeiros de Cuarto Curso viñeron a nos ler uns contos, gustounos moito e om pasamos moi ben.
Día da Árbore 2013
Para celebrar o día da Árbore fixemos unha plantación en Sta Cruz. Chegamos alí en autobús e un pouco de camiñada, logo plantamos árbores e tamén merendamos.
A Nosa Tenda
Como estamos a traballar os alimentos, ocorréusenos montar unha tenda, e aquí a tedes. Eso sí, todos os alimentos som ecolóxicos.
21 mar 2013
Día de Rosalía 2013
Este mes celebramos o Día de Rosalía en conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. Nós fixemos uns dibuxos sobre un poema que despois recitamos. Fixádevos que ben nos saíu!
7 mar 2013
Facemos un programa de radio
Hoxe fixemos un programa de radio. Foi moi emocionante. Recitamos unha poesías de Rosalía e pasámolo estupendamente. Agardamos poder repetilo axiña.
8 feb 2013
Antroido 2013
Para celebrar este ano o Antroido eliximos como tema o medo. Enchimos a clase das cousas que máis medo dan: pantasmas, mostros, bruxas, zombis... Para nos disfrazar escollimos traxes de pantasmas; a que damos moito medo?.
Día da Paz 2013
En Xaneiro celebramos o Día da Paz. Fixemos unha árbore coas nosas pegadas e os nosos propósitos para unha mellor convivencia. Tamén colaboramos noutra árbore con todo o cole e nos comprometimos a ser amigos de todos. Recortamos e coloreamos unhas pombiñas. Finalmente todos participamos na Carreira Solidaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)